Revolta

< Volver á listaxe

Me enamoré de un pueblo

“Enamoreime dun pobo, chamabame moito á natureza e quería coñecer a miña propia natureza”, asi se manifesta Cristina de Ribeiregas, unha belga que chegou para incoprporarse  a unha comuna canda unha morea de rapaces e rapazas, para explicar o por que escolleu a súa residencia no concello lugués de Negueira de Muñiz, “quería vivir con pouco, ali tiven dúas fillas e fumos plantando, conseguimos mercar unha casa e conseguimos vivir en harmonía cos veciños e fixemos traballos en conxunto” e isto, que nos conta, foi o xérmolo da coopertiva Ribeiras do Navia impulsada no 2011 na que participan varios veciños do pobo.

Entre os servizos que oferta a coooperativa están traballos forestais, construcción sostible e bioconstrucción, sobre todo teñen feito tellados con lousa e tamén levan unha liña de formación a través de obradoiros, como pode ser o de elaboración de marmeladas e outros productos procesados. Entre os productos que venden esta o kiwi, a frambuesa, horta en xeral, procurando sempre adaptándose ás necesidades dos clientes. Asimesmo tamén están apostando polo topinambur, moi recomendable para diabéticos, según indica a cooperativista.

Apunta Crsitina que a comercialización dos productos faise sobre todo a través do Mercado da Terra, O Bandullo en Lugo, que se celebra todos os martes polas tardes e que durante tres anos leva enchendo de productos agroecoloxicos a cidade de Lugo.  Considera que grazas a este mercado poden establecer unha relacións de confianza duraderas cos productores, afirma que existe todo un entramado social moi interesante detrás destes mercados. Mais a dificultade cos requerimentos burocráticos está limitando a posbilidade da sustentabilidade do propio proxecto. A dificultade de poder acometer investimentos, así como a disconformidade por certos mandatos da administración, como pode ser a cloración da auga, supoñen un constante tira e afrouxa na relación coa administración.

O traballo en conxunto é outros dos fíos caracterizadores da cooperativa, así como o troco, que usan moito.“Eu sola non sería capaz de facer isto” sinala neste audio /web/uploads/adxuntos/ribeiregas/traballo en comun.mp3 onde relata como teñen impulsado proxectos en comun.

Na liña de apostar por alternativas, teñen colaborado con COOP57 quen adiantou parte dos custes iniciais, o que supuxo un empurrón para montar a cooperativa, así como axudas da propia administración, sobre todo a través do Grupo de Densvolvemento Rural co que tamén obtiveron fondos para poder emprender proxectos como o que nos relata Cristina.

“O máis dificil é o mundo, tal é como está” afirma, e considera que unha das ameazas máis fortes ven a través dos transxénicos e móstrase moi escéptica co futuro e pide que como mínimo se poda “vivir en paz, para darlle aos nosos fillos futuro”. Sinala que é preciso que máis xente se incorpore a traballar no rural. No seu traballo e na súa zona ve que se necesita máis man de obra, que por exemplo, non se está traballando, o que se debería, o mundo das castañas e ve aí una chea de posibilidades.

E sobre o futuro, Cristina afirma que este debe pasar pola volta ao micro, ao pequeno, e traballar aí, tal e como sinala neste audio /web/uploads/adxuntos/ribeiregas/volta ao micro.mp3

Aqui podes escoitar a iontervención enteira  /web/uploads/adxuntos/ribeiregas/intervencioncristina.mp3