Revolta

< Volver á listaxe

La Agricultura Familiar en el Camino

La Agricultura Familiar en el Camino

No marco da XXI Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades vai ser presentado na  sesión académica Compostela Café o proxecto A Agricultura Familiar no Camiño coordinada polos profesores Xoán Carlos Carreira Pérez e Emilio V. Carral Vilariño,

Os obxectivos deste proxecto, que será presentado o venres, 25 de setembro, a partir das 15.30 horas no edificio Cinc da Cidade da Cultura, son o estudo comparado das pequenas explotacións agrarias existentes ao longo do Camiño de Santiago que servira para superar o esquecemento que hoxe existe na maioría dos planos de estudo das titulacións agrarias das distintas universidades.

Para os coordinadores do proxecto as pequenas explotacións agrarias familiares son hoxe invisíbeis para a ciencia, a politica, a economía e os medios de comunicacións, mais, xogan sen embargo un papel moi importante, de feito remarcan que “compre non esquecer que case o 80% da alimentación a nivel mundial está cuberta polas pequenas explotacións familiares”

Esta proposta de estudo que será presentada no marco do Grupo Compostela de Universidades procura acercarse aos novos paradigmas sobre a agricultura a nivel mundial, entendida non só como produtora de alimentos, senón tamén como prestadora de servizos á sociedade.

Dende o 24 ao 26 de setembro, Santiago de Compostela encherase de iniciativas co gallo da XXI Asamblea do Grupo Compostela de Universidades, asociación internacional sen ánimo de lucro na que participan más de 70 universidades e que ten como obxectivo difundir a importancia da educación superior asi como estreitar lazos e redes enre os propios membros da rede.

Tedes máis información da  XXI Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades nesta ligazón: http://gcompostela2015.avatools.com/programme2/