Revolta

< Volver á listaxe

As mulleres de Herbón, enchendo o mundo de pementos

A Sociedade de Transformación Agraria A Pementeira http://www.apementeira.com/index2.htm, é una empresa especializada na produción de pementos, baixo a denominación de orixe de Pementos de Herbón. Pensada e dirxida por mulleres que son quen atenden as hortas das casas de Herbón de sempre. Cóntanos Milagros González Refojo, a súa presidenta, por que lle chaman pementos de Padrón cando lle deberían chamar Pementos de Herbón Neste audio podes escoitar como nolo explica

Así un grupo de mulleres impulsan no 2006, e coa colaboración de AGACA, a Sociedade de Transformación Agraria, contando cunha marca, un logo e sobre todo, moitos folgos, sinala Milagros González. No 2008 mercan una nave no polígono da Picusa, en Padrón, contando cunha máquina de envasado, para poder mellorar o traballar en conxunto. Un dos primeiros fitos na andadura deste grupo de emprendedoras foi conseguir a venda de pementos para o stand da Xunta de Galicia na Expo de Zaragoza, que supuxo un empurrón na carreira emprendida polas labregas. A partir de aí, cadeas de comercialización como Eroski ou GADIS comezaron a contratar os seus productos e aquel soño comezou a facerse realidade. Ademais as propias produtoras  tamén venden de forma individual a pequenas froiteiras da zona, ou mercados locais, mantendo certa autonomía da casa no grupo.


No 2009,  coa creación da Denominación de Orixe de Pementos de Herbón, acóllense á mesma e comezan a comercializar amparándose nos controis de calidade da propia DOP. Consiguen que El Corte Inglés se interesase nos seus productos. “A dificultade que tivemos e que seguimos tendo, é poñer no mercado un produto de máis alta calidade e a maior prezo”, sinala Milagros González, a cuestión é como mostrarlle ao consumidor cal é o auténtico pemento de Padrón, e cre, que é preciso concienciar sobre o potencial dun consumo responsable, de feito sinala, que aínda non son quen de vender todo o pemento que producen baixo a DOP.

Actualmente a SAT está composta por vintedúas casas, das cales, vinteunha son levadas por mulleres e so unha por un home, que a herdou da súa nai, quen sigue colaborando coa explotación. Producen aproximadamente 400 000 kilos de pemento por campaña (de maio a outubro),  dispoñendo de oito hectáreas e media na que “basicamente o pemento que se cultiva é o que se seleccionou de modo artesá ao longo de toda a historia, pero tendo un problema motivado pola trazabilidade xenética, xa que esta non existe” sinala Oscar Antón Pérez, técnico da SAT, quen apunta que “non existe un cadro xenético que diga este é o pemento de Herbón, sabemos que existen diferenzas morfolóxicas que nos permiten calificar como é o pemento de Herbón, mais estamos traballando niso, xunto ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, para sacar una calificación xenética”.


As labregas xunto aos seus antepasados convertíronse en guardiáns e mantedores dese patrimonio que son as sementes, a través dun proceso longo e lento foron quen de ir gardando esas sementes que dan ese característico sabor dos Pementos de Padrón. Que como sinala Milagros, os seus pementos pican, xa se sabe!

E o futuro, pregúntase Milagros González, ”pois negro”, cre que é difícil un relevo xeracional, non ve que este traballo motive as novas xeracións. Mais habería que preguntarse se noutros sectores pasa o mesmo.

Neste audio podes escoitar a intervención completa da presidenta da SAT A Pementeira