Revolta

< Volver á listaxe

Dándolle a volta ao monte, o caso do CMVMC de Carballo e a súa valorización

A Comunidade do Monte Veciñal en Man Común (CMVMC) de Carballo http://www.mvmcdecarballo.es/index.html situada no concello de Friol (Lugo) leva apostando dende hai tempo por un proceso de valorización do mesmo, no que reivindica o monte non só como un piñeiral senón como moito mais. Este relato, que ven a continuación, nace a través da conversa mantida entre o presidente e o secretario da comunidade deste monte cos membros dos grupos de investigación participantes na rede Revolta.

“E que podemos facer aquí?” preguntouse Jose Manuel na súa incorporación como presidente da xunta rectora da comunidade. Basicamente este monte veciñal en man común era unha plantación de piñeiros, "nós entendíamos que o monte tiña que ser algo máis, un monte vivo” sinala Jose Manuel. A cuestión que determinou as accións desenvoltas nesa comunidade foi “que produtos temos e como podemos valorizalos

Pero como comezaron? Primeiro, rescindindo o convenio coa administración para poder pasar a unha xestión directa, recuperando, polo tanto, a autonomía. Tras dous anos acadaron a rescisión do convenio e puideron comezar as actuacións que tiñan como obxectivo valorizar os recursos dos que dipón o monte.

Entre elas cómpre destacar, tal e como indicou o presidente, acadar a certificación da madeira a través de FSC. Para iso contrataron a unha empresa especializada na xestión forestal e puideron conseguir unha certificación avalada por organizacións ecoloxistas, o que lles permitiu acceder a un mercado que valoriza ecomicamente a certificación, e polo tanto supón un maior incremento de ingresos para a comunidade.

No referente a actividade sivopastorial esta ten dous obxectivos principalmente: o ambiental e o económico, aqui podes escoitar como o explica

Outras das apostas da comunidade foi á relacionada co cabalo “fixéronse moitas actividades relacionadas co cabalo, aínda que o principal custe é a rapa das bestas, que é realmente o que mantén vivo o proxecto, non so vivo, senón valorizado pola xente do lugar, o que permite mantelo. Senón o valora a xente do lugar, todo esto acabse” apunta Jose Manuel neste audio Esta rapa das bestas supón unha actualización de traballos que facían veciños en currais pequenos, que aínda sen ser verdadeiros curros, respondían á mesma función. Actualmente esta rapa atrae a máis de 1000 persoas a unha parroquía que dispón de non máis de 54 casas. Todo un éxito para unha comunidade que alén de introducir melloras na xestión productiva do monte, tamén apostou, por facilitar procesos de cohesión social como poden ser estas festas.

E se semellaba que con isto a comunidade xa tiña un bo percorrido, as accións continuaron, como pode ser a colaboración coa universidade, participando en diferentes proxectos de investigación ou o desenvolvemento de campañas de sensibilización, como a sinalización de peches e dos motivos de por que ter que pechar os espazos; contribuindo a facilitar unha pedagoxía en torno ás necesidades do rural e dos por qué das cousas.

E a cultura é ou non é productiva? Quizais non economicamente pero si produce subxectividades, e por iso esforzáronse en editar unha revista anual, chamada dende o ano 2014: Un monte de cousas, realizada en colaboración coa Asociación Cultural Carballo Vivo coa que desenvolven en común diferentes accións, como pode ser a Festa do Comuneiro, un lugar de encontro e socialización dos veciños da parroquia ”unha das primeiras e mellores ideas que desde o punto social, se fixeron” apunta o presidente desta comunidade de veciños.

En canto a outros aproveitamentos, destaca o micolóxico e asi nolo conta, sendo certificado polo CRAEGA e tamén a producción de mel, do que para este ano agardan duplicar a produción, “a ordenación forestal xa a temos máis ou menos organizada” sinala o presidente do CMVM e indica que van comezar a traballar co porco celta.

Darlle unha volta a o monte, eso é o que impulsou a nova xunta reitora, o secretario asi o conta no audio Ante a cuestión de se a chave do éxito ven máis motivada polo impulso social ou polo pulo á parte productiva, o presidente indica “as dúas cousas, evidentemente necesitas que o económico sexa viable, para ter marxe para actividades dos socios, as dúas teñen que ir á par”.

“O monte é mais que madeira” sinala Lito, secretario da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Carballo, e incide no papel de Jose Manuel, presidente da mesma, de quen sinala, que ”é bo coñecedor do medio. é enxeñeiro forestal, que sabe o que é un monte e é coñecedor da realidade”

Darlle unha volta ao monte e conseguir unha revalorización do monte é posible; e esto é o que estan impulsando na comunidade de Carballo, en Friol, todo un exemplo da saber facer.

Neste audio podes escoitar a internvención completa