Revolta

< Volver á listaxe

Arqueixal algo máis que unha explotación gandeira

 “Meus pais dedicabanse a producción de leite, e a vendelo, pero iso iase perdendo” comenta Jose Luis Carreira, impulsor de Arqueixal.http://www.arqueixal.com/ Jose Luis cando era mozo, como a maioría dos seus veciños, vaise da aldea. Con 26 anos regresa para tratar de emprender algo na casa, no principio procura impulsar unha cooperativa cos veciños da zona, mais non chega a fructifcar esa idea. Decide entón arriscarse el so a producir queixo.

20 anos máis tarde, pasaron de 13 vacas a 30 e producen ademais de queixo, iogur e leite e dende o 2000 en ecolóxico. Sempre coa intención de poder diversificar a producción, tratando de vender no mercado máis próximo. “Creo que agora mesmo somos unha resistencia en toda está forestación das terras agrarias” argumenta Jose Luis e alerta de que estase abandonando moita terra agraria e substituíndoa por eucaliptos, aínda que esté prohibido, este feito ocorre, sinala Jose Luis neste audio

Deden Arqueixal practican un modelo en espiral, que procura vender directamente aos propios consumidores, pero tamén comercializan en pequenas tendas, nalgunha cadea pequena de comercio ecolóxico, e sobre todo centranse no mercado máis próximo, motivados tamén pola propia vida útil do leite fresco. Destaca ademais a participación en grupos de consumo, do que cree que dan unha maior estabilidade tanto ao productor como ao consumidor.

Un feito diferenciador desta explotación é a da diversificación e unha aposta continua pola innovación, feito que os levou a impulsar no 2007 unha iniciativa de agroturismo, coa intención de valorizar o que teñen, para iso rehabilitaron un espazo con 4 casas no lugar. A autoestima é un dos problemas, sinala Jose Manuel “falamos moito do rural pero costa predicar co exemplo” cre que hai que vivir no rural e apostar por desenvolver proxectos ali mesmo, de aí a necesidade de crear un espazo como O Parladoiro de Arqueixal. Un espazo construido e concebido para realizar encontros, charlas e presentacións nun entorno rural como é o de Albá, Palas de Rei, onde está situado Arqueixal.

Neste proceso constante de valorización e de educación reciben visitas de escolares na que relatan como era a vida de antes, na década dos cincuenta e de como é agora, de como ten cambiando o medio rural e de como se ten adaptado aos novos tempos. Estas experiencias e procesos son sementes que irán abrollando no futuro.

Grazas as dotacións do espazo, puideron impulsar unha festa como é a de Son d´Aldea, na que contando coa colaboracion dos veciños, facilitaron a creación dun novo lugar de encontro no que “crear autoestima por ser de aldea”. Este proxecto, a festa, foi o que posibilitou que o resto dos veciños entendesen por fin o seu proxecto. A festa e a comida é, sen lugar a dúbida, o mellor camino para entenderse e cooperar na aldea.  Son d´Aldea ten dado moi bos resultados, acollendo a máis de 500 persoas en cada edición. A participación dos veciños foi fundamental, sen a súa colaboración non poderían terse embarcado nun proxecto de dinamización socio-turistico-cultural destas dimensións, no que procuran unha valorización holística dos recursos da zona “o que buscamos é que a comida sexa de productos da zona, unha maneira de visibilizar o rural, é un bo sitio para promocionar e é unha boa forma de concienciar aos consumidores”, apunta Jose Luis Carreira, volvendo a unha das demandas máis salientables dos productores, que poñen o acento no papel dos consumidores e da súa responsabilidade no acto da da compra. Sen a súa corresponsabilidade, a viabilidade deste tipo de produccións non tería chegado nunca.

Jose Manuel Carreira, como presidente da DOP Arzúa Ulloa, defínese como un fiel defensor das denominacións de orixe, considera que cómpre destacar a importancia que tivo a DOP para unha comarca coma a da Arzúa Ulloa. Sen a existencia dunha denominación de orixe non se tería acadado as altas cotas de producción actuais, que sitúan a DOP como a segunda en volumen de quilos en todo o Estado.

Ante a cuestión da situación do sector do leite no periodo post-cuota, reclama un papel máis activo das administración; como podería ser o de impulsar a producción de leite en pó, o que axudaría a cohesionar os prezos, para non ter a volatilidade que vive o sector na actualidade. Hai futuro no rural, mais hai que traballalo.

Podes escoitar o audio da intervención aquí 

As fotos son de Xosé Castro e foron recollidas dende a ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/album/lugo/2012/09/08/alba-recupera-sua-historia-coa-iniciativa-daldea/01101347126585122448465.htm