Revolta

< Volver á listaxe

Emprendemento si, pero cos pés na terra

Xan Pouliquen é un bretón feito galego despois de aprender agroecoloxía en Andalucía,  dispón dunha oficina técnica e traballa como asesor en diferentes explotacións agroecolóxicas. Hai 10 anos deixou o posto laboral e como levaba traballando con productores e moitos deles lle pedían seguir colaborando con el, decidiu montar unha SL e asi nace Xestión Agrogandeira e Natureza co proposito de “facer que a xente do campo viva e gañe cartos con técnicas máis suaves coa natureza, centrándonos sobre todo na producción ecolóxica”. Partiu con pouco cartos, tal e como sinala Xan Pouliquen, pero con moitos folgos. Obtivo algunha axuda da administración sobre todo a través de poder optar a un local nun viveiro de empresas e algunha formación, que considera allea as súas necesidades, mais si que dispuxo desa posibilidade. Actulamente traballa con 40 explotacións de leite e 10 de horta.

Xan Pouliquen, veterano no campo galego, e que dispón dunha acreditada experiencia, laiase da papel da administración no referente ao asesoramento técnico, xa que cre que esta non pode ser de balde, non se valora, afirma. E cre que desta maneira hai unha competencia, que ao seu modo de ver, é desleal; xa que eles non poden desenvolver as súas competencias en igualdade de condicións coa competencia destes servizos. Ademias queixase dos tempos das convocatorias de axudas, así como das trabas burocráticas e reivindica o papel da administración no caso de fixación de prezos, considera que a política debe ter un papel máis activo no sector, e asi o sinala neste audio audio.

Ademais do propio traballo de aconsellamento, tamén realizan actividades de formación, "é gratificante e é un labor que se ve a cinco anos vista”, dalgunha maneira, afirma é un traballo oculto, que se vai manifestando co paso do tempo. En cuanto ao futuro do rural móstrase esceéptico coas tendencias actuais da administración e afirma con sorna que “pode habelo perfectamente se metemos internet en todo o rural e traemos a todos os guiris a facer teletraballo no rural, está é unha vía que se está fomentando agora”. E volve ironizar co fenómeno do emprendemento, do que cre que hai unha burbulla, xa que considera que é preciso unha maior formación para aqueles que deciden emprender sen ter os coñecementos necesarios do traballo e técnicas que supón lanzar un proxecto empresarial no rural. “Temos un problema, hai moita xente que non sabe que o mundo cambiou” e hai prácticas que cómpre mudar, é preciso dispoñer dun correo electrónico, saber usar internet etc. apunta Xan Pouliquen.

Hai que mellorar a xestión, desde un punto de vista empresarial das explotacións agrogandeiras, e sobre todo sinala, mellorar a profesionalización do sector e apunta a que hai que apostar polo traballo en común, saber “como se fan reunións, como se elaboran estatutos de cooperativas” e trazar relacións de confianza duradeiras que faciliten traballos conxuntos, so así, apunta, o rural terá futuro.

Sobre o futuro de explotacións agrogandeiras e de horta que poduzan en ecolóxico considera que hai futuro por diante, xa que afirma que dacordo cos seus estudos os productores en ecolóxico teñen unha maior renda, tal e como sinala neste audio sinala neste audio

Podes escoitar a intervención enteira neste audio