Revolta

< Volver á listaxe

A relación de confianza, eixo principal de Souto Activo

A relación de confianza, eixo principal de Souto Activo

Souto Activo xurde dun grupo de enxeñeiros e as súas reflexións ante a situación do medio rural galego e en concreto en torno á inactividade na recollida de castañas. “Buscar unha relación de confianza co propietario para que eles nos cedan a terreo” é o que procuran os socios de Souto Activo, e asi é como puideron arrancar pola zona do Courel e Chantada. As preocupacións fundamentais dos donos das fincas, son as mesmas que as dos socios de Souto Activo, ver como as terras que traballaran seus pais e avós están abandonadas. Ante isto,sinala, o que ofrecen dende Souto Activo é a limpeza dos soutos e a cambio poder comercializar a castaña dese souto, acordando uns periodos e transcurrido ese tempo establecen unha renda variable.

Para iso é preciso gañarse a confianza, afirma David Castro, un dos socios de Souto Activo, quen reivindica a necesidade de traballar conxuntamente cos propietarios. Mais sinala que debido a estacionalidade do traballo en torno as castañas e como a “actividade céntrase en dous meses de actividade, teño que buscar actividades para o resto do ano, polo que facemos traballos técnicos para compatibilizar na medida do posible, co traballo de Souto activo”.

Alén da cuestión da propiedade da terra e da dificultade de coñecer aos propietarios dos soutos tamén se atopa a cuestión da calidade da castaña, xa que como sinalou David Castro “a calidade da castaña ven determinada polos traballos de mantemento do souto”. Moita castaña está pechada despois de décadas de abandono dos soutos e asi nolo explica neste audio.

Sinala que a recepción por parte da industria dos servizos e productos de Souto Activo, foi moi ben valorada xa que apunta, a industria bota de menos certa profesionalización no sector. A industria cómpralles a produción enteira e mais que mercarían, se foran quen de recoller máis. Vese que neste campo ainda hai espazo para futuros profesionais. Constatan que hai un problema para atopar xente para traballar, por ser este un traballo duro e que require fortes esforzos.

En canto á colaboración con outras empresas, David Castro considera que cómpre mudar o chip das economías de escala e resituarse noutros parámetros, afirma que “hai que buscar aquelas necesidades que temos en común, comercialización, xestoría, chegar ao consumidor final a través da Responsabilidade Social Corporativa” ou de como chegar ao consumidor e explicarlle como pode el colaborar co rural a través da compra de productos que valoricen e teñan impacto positivo no medio ambiente. Neste audio David Castro explica isto

O socio de Souto Activo apunta que “o noso obxectivo é mellorar os rendementos de recoleción, para isto, hai que amañar os camiños, pero na montaña é máis difícil, a nos interesábanos traballar a idea e o concepto de Castaña do Courel e facerllo chegar á xente”. Actualmente están traballando nesa liña, mais polo de pronto so lle venden a dúas industrias, polo que aínda non venden directamente ao consumidor.

A comunicación, por tanto, é un dos puntos forte a traballar por parte da empresa, onde se esforzarán no futuro, e nesa comunicación é preciso sinalar o por qué de que a castaña sexa máis cara no Courel, que noutros territorios, e que é preciso que os consumidores se correpsonsabilicen no mantemento e conservación destes soutos e da paisaxe na que se sitúan.

É preciso crear unha Marca Courel, e para iso é necesario tecer redes e impulsar unha cooperativa, o que representaría un interesante fito neste camiño. Polo momento, é preciso, ir convencendo de que isto é un proceso de valorización, sinala David Castro, e que este camiño non so ven dende selos de certificación, senón pola aposta pola comunicación e a concienciación da cidadanía.

Aquí podes escoitar a intervención completa

Fonte da 1ª imaxe: http://www.galiciaunica.es/el-castineiro/

Fonte da 2ª imaxe: http://culturagalega.gal/roteiros/detalleextra.php?id=8&cod_rtro=15&cod_obx=199