Revolta

< Volver á listaxe

O queixo San Simón da Costa un exemplo de saber facer ben as cousas

O queixo San Simón da Costa un exemplo de saber facer ben as cousas

“San Simón da Costa é o San Simón de toda a vida” sentencia o director xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe San Simón da Costa, http://www.sansimondacosta.com/gl/noticias_gl/  quen relata como este queixo tradicional procedente dunha parroquia vilalbesa ía esmorecendo, cada vez eran menos os productores. O futuro deste patrimonio alimentario producido de vello polos veciños que moraban na Terra Chá, estaba a piques de perderse. Por iso un grupo de persoas, daquela  seis, deciden apostar pola produción deste queixo como forma de gañarse a vida e de recuperar aquilo que é de noso. O director xerente sinala “que o que se buscaba, ademais de que este producto non desaparecese, era que a xente de alí, tivera un futuro” A reposta inicial dos veciños foi variada, tal e como sinala neste audio /web/uploads/adxuntos/san simon/respostadosvecinos.mp3

Asi en 1989 comezan 9 productores e en 1991 consiguen una primeira certificación, se daquela producían 5000 kilos de queixo, en 1995 pasan a producir máis de 26000 kilos. E cun obxectivo claro, que a mocidade se incorporase para que esta tradición continuara e poder acadar a sustenbilidade de proxectos empresariais nese territorio. E houbo ese relevo xeracional tal e como sinala o director xerente da DOP, había un precedente, que eran os pais, a chave foi convencer aos rapaces que ali había futuro e que fronte á alternativa de traballar na construcción, na hostalaría ou de ter que emigrar da zona de Vilalba, había todo un potencial na elaboración e venda do queixo. Asi actualmente hai 11 queixerias con 45 nóminas, das cales, unha das productoras de queixo traballa en ecolóxico. O ano pasado lograron certificar 396000 pezas de queixo San Simón, o que supuxo una facturación aproximada de 3 millóns de euros de queixo San Simón da Costa.

O director xerente da DOP considera que a incorporación da mocidade foi moi decisiva en tanto viñan cunha moi boa formación, o que posibilitou “que estén máis abertos á innovación” sinala. Actualmente están traballando na exploración de mercados estranxeiros para facilitar una exportación dun producto que ten demanda no mercado exterior, e sobre todo os de producción ecolóxica.

Para acadar o éxito dunha iniciativa como esta, o director xerente pon o aceno na “ilsuión, o sentido común e a boa fe” so así poden conseguirse fitos como o do queixo de San Simón da Costa, que a base de traballar en común foron quen de que un queixo que esmorecía, sexa actualmente un dos queixos máis recoñecidos no Estado.

Por último o director xerente apunta que a chave para incorporar á xuventude e darlle sustentabilidade foi xerar eses espazo comunal e infalible como son as festas e a necesidade de impulsar encontros, como ceas ou churrascos que axudan a xerar boas relación o que propicia dinámicas de participación e traballo en común, para poder asi enfrontarse aos reptos que ten por diante un producto con tanta potencialidade como o queixo San Simón da Costa.

Aqui podes escoitar a intervención completa: /web/uploads/adxuntos/san simon/intervencion.mp3