Revolta

< Volver á listaxe

A satisfacción chegoume a través da agricultura

Xulio de Mondoñedo, fillo de Julio e Margarita, xa ia cos seus avós à praza de Lugo para vender os productos da horta. Tras un tempo experimentando coa imaxe e o vídeo en Compostela, decide voltar á Mondoñedo e adicarse “ao que realmente me satisfacía, o que me enchía”, a agricultura. Sinala que “era consciente da incomprensión por parte de moitos”, sabe que non están recoñecidos.

“Levamos máis de 20 anos neste proxecto, somos cooperativistas convencidos”. Feito que os levou a impulsar o proxecto Horta da Mariña a través dunha comunidade de bens e a seguir apostando e colaborando polo común, aínda asi cre que o sector debe estar estructurado e afirma con certo desánimo  “que non se están dando pasos para vivir no rural”.

Xulio considera que “sempre pensamos que hai que dignificar a profesión, e teñoo claro, eu estou orgulloso do que fago, cos nosos problemas e defectos, intentamos seguir mellorando”, tratan dalgunha maneira en melllorar ese patrimonio herdado a través da familias, introducindo as melloras existentes, en canto a maquinaría ou outras formas de venda como pode ser internet.

Reclaman un maior apoio ao sector e son de novo moi escépticos tanto coas administracións  e coas entidades bancarias por non teren apoiado ao sector agrícola en maior medida. Aínda así a vontade de seguir animounos a impulsar proxectos como “Labregos de Lugo” onde crearon una marca común baixo as características dunha Sociedade de Transofrmación Agraria.

Daquela vlla idea sobre si o sector non está mecanizado e non é moderno, Xulio, cre, que cómpre mudar esa visión e apunta “non investimos todo o ben que o deberíamos facer, foi un ensaio-erro” levan máis de 20 anos investindo e innovando, procurando adaptarse ás necesidades do mercado, pero indica que “o que falta é un respaldo polos propios consumidores”. Solo así conseguirase futuro no rural, ainda que no seu caso mostrase optimista, “estamos consolidados, salimos dos créditos, malo será”.

No mercado  hai espazo para unha empresa das súas características, que vende producto fresco e transformados como marmeladas, mais cre que é preciso seguir innovando no día a día, e apunta que un dos puntos a mellorar é o de “tratar de trazar secuencias temporais das vendas e necesidades dos clientes” para desta forma poder acadar una maior estabilidade, nesta liña teñen colaborado con outras cooperativas, co obxectivo de mellorar a estructuración do sector, e poder adaptarse ás necesidades dos cliente.

O futuro pasa polo común e polo traballo en conxunto, asi o rural e experiencias tan exitosas como Labregos de Lugo terán continuidade