Revolta

Experiencias innovadoras

Enamoreime dun pobo

“Enamoreime dun pobo, chamabame moito á natureza e quería coñecer a miña propia natureza”, asi se manifesta Cristina de Ribeiregas, unha belga que chegou para incoprporarse  a unha comuna canda unha morea de rapaces e rapazas, para explicar o por que escolleu a súa residencia no concello lugués de Negueira de Muñiz, “quería vivir con pouco, ali tiven dúas fillas e fumos plantando, conseguimos mercar unha casa e conseguimos vivir en harmonía cos...

A estética como motor do cambio. O caso de Vida de Aldea

Vida de Aldea é algo máis que unha explotación de leite de 200 000 kilos de cuota, 10 hectáreas de superficie agraria útil e 7 de monte, das cales 5 e medio son de piñeiro e o resto de castiñeiro, actualmente mricrorrizado. Pero que mais teñen? 

20 anos atrás comezan coa explotación, e sempre pensaban, sinala Xose Ramón, como superar a eterna crise do sector lácteo, así, dándolle voltas ao que facer, dediciron crear unha SAT xunto a dous veciños. Mais...

O queixo San Simón da Costa un exemplo de saber facer ben as cousas

“San Simón da Costa é o San Simón de toda a vida” sentencia o director xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe San Simón da Costa, http://www.sansimondacosta.com/gl/noticias_gl/  quen relata como este queixo tradicional procedente dunha parroquia vilalbesa ía esmorecendo, cada vez eran menos os productores. O futuro deste patrimonio alimentario producido de vello polos veciños que moraban na Terra Chá, estaba a piques de perderse. Por iso un...

A satisfacción chegoume a través da agricultura

Xulio de Mondoñedo, fillo de Julio e Margarita, xa ia cos seus avós à praza de Lugo para vender os productos da horta. Tras un tempo experimentando coa imaxe e o vídeo en Compostela, decide voltar á Mondoñedo e adicarse “ao que realmente me satisfacía, o que me enchía”, a agricultura. Sinala que “era consciente da incomprensión por parte de moitos”, sabe que non están recoñecidos.

“Levamos máis de 20 anos neste proxecto, somos cooperativistas...

A relación de confianza, eixo principal de Souto Activo

Souto Activo xurde dun grupo de enxeñeiros e as súas reflexións ante a situación do medio rural galego e en concreto en torno á inactividade na recollida de castañas. “Buscar unha relación de confianza co propietario para que eles nos cedan a terreo” é o que procuran os socios de Souto Activo, e asi é como puideron arrancar pola zona do Courel e Chantada. As preocupacións fundamentais dos donos das fincas, son as mesmas que as dos socios de Souto Activo, ver...

Emprendemento si, pero cos pés na terra

Xan Pouliquen é un bretón feito galego despois de aprender agroecoloxía en Andalucía,  dispón dunha oficina técnica e traballa como asesor en diferentes explotacións agroecolóxicas. Hai 10 anos deixou o posto laboral e como levaba traballando con productores e moitos deles lle pedían seguir colaborando con el, decidiu montar unha SL e asi nace Xestión Agrogandeira e Natureza co proposito de “facer que a xente do campo viva e gañe cartos con técnicas máis...