Revolta

Experiencias innovadoras

O decrecemento e a comodidade como aposta persoal

Gonzalo Sánchez, gandeiro do concello de Antas de Ulla, montou na casa familiar unha explotación de 40-50 vacas para carne en extensivo, que manexa el só. Sinala que tomou a decisión de vivir diso como filosofía de vida “económicamente deféndome, vivo cómdo e gústame levantarme as 10:00 da mañá cando chove”. El trata de vivir o mellor que pode, moi semellante a unha estilo de vida slow life, reivindica que no rural é posible manter esa forma de vida,...

Arqueixal algo máis que unha explotación gandeira

 “Meus pais dedicabanse a producción de leite, e a vendelo, pero iso iase perdendo” comenta Jose Luis Carreira, impulsor de Arqueixal.http://www.arqueixal.com/ Jose Luis cando era mozo, como a maioría dos seus veciños, vaise da aldea. Con 26 anos regresa para tratar de emprender algo na casa, no principio procura impulsar unha cooperativa cos veciños da zona, mais non chega a fructifcar esa idea. Decide entón arriscarse el so a producir queixo.

20 anos...

Dándolle a volta ao monte, o caso do CMVMC de Carballo e a súa valorización

A Comunidade do Monte Veciñal en Man Común (CMVMC) de Carballo http://www.mvmcdecarballo.es/index.html situada no concello de Friol (Lugo) leva apostando dende hai tempo por un proceso de valorización do mesmo, no que reivindica o monte non só como un piñeiral senón como moito mais. Este relato, que ven a continuación, nace a través da conversa mantida entre o presidente e o secretario da comunidade deste monte cos membros dos grupos de investigación...

As mulleres de Herbón, enchendo o mundo de pementos

A Sociedade de Transformación Agraria A Pementeira http://www.apementeira.com/index2.htm, é una empresa especializada na produción de pementos, baixo a denominación de orixe de Pementos de Herbón. Pensada e dirxida por mulleres que son quen atenden as hortas das casas de Herbón de sempre. Cóntanos Milagros González Refojo, a súa presidenta, por que lle chaman pementos de Padrón cando lle deberían chamar Pementos de Herbón Neste audio podes escoitar como nolo...

O progreso sempre cheira a esterco de toxo

“ Son de aldea, dunha aldea de tantas, de tantas que por desgracia, se están despoboando” (Ramón Lourido, xerente de Abonos Lourido)

“Eu con 21 anos, con dous rapaces máis, creíamos nas posibilidades, fumos ao monte e explotamos o que hoxe sería carne ecolóxica. Tíñamos un rebaño de 600 cabras e aí botamos 5 anos e no día a día comprobamos a cantidade de recursos que ten o monte”.O toxo foi sempre un elemento clave no sistema agrario galego, apunta...