Revolta

< Volver á listaxe

A agricultura galega desde outra perspectiva

A agricultura galega desde outra perspectiva

Nos últimos anos, cando nos referimos ao sector agrario evitamos falar das pequenas explotacións labregas e só temos en consideración ás explotacións profesionais. Mesmo se prefire denominar doutra maneira ás persoas que traballan nelas. Xa non son labregos/as senón gandeiros/as, viticultores/as, empresarios/as agrarios/as ...

A razón pode estar en que durante as últimas tres ou catro décadas foi avanzando silandeiramente a grande reconversión do medio rural galego e a poboación activa agraria caeu dramaticamente. A pequena explotación familiar minifundista, centro dos ataques de quen vía nela o exemplo do noso atraso, foi arrombada e pouco a pouco fíxose invisíbel.

Sen embargo, segundo as estatísticas oficiais, o número de persoas que están inscritas na Seguridade Social Agraria en Galiza son menos de 60.000, mentres que a poboación activa agraria é case o dobre e as unidades de traballo agrario o triplo. Xa que logo, ¿quen se ocupa da produción agraria? ¿Puidera ser que a pequena explotación labrega familiar estea aínda viva?

Texto: Xoan Carlos Carreira e Emilio Carral Vilariño.