Revolta

< Volver á listaxe

A Agricultura Familiar no Camiño

A Agricultura Familiar no Camiño

No marco da XXI Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades vai ser presentado na  sesión académica Compostela Café o proxecto A Agricultura Familiar no Camiño coordinada polos profesores Xoán Carlos Carreira Pérez e Emilio V. Carral Vilariño,

Os obxectivos deste proxecto, que será presentado o venres, 25 de setembro, a partir das 15.30 horas no edificio Cinc da Cidade da Cultura, son o estudo comparado das pequenas explotacións agrarias existentes ao longo do Camiño de Santiago que servirá para superar o esquecemento que hoxe existe na maioría dos planos de estudo das titulacións agrarias das distintas universidades. 

Para os coordinadores do proxecto as pequenas explotacións agrarias familiares son hoxe invisíbeis para a ciencia, a politica, a economía e os medios de comunicacións, mais, xogan sen embargo un papel moi importante, de feito remarcan que “compre non esquecer que case o 80% da alimentación a nivel mundial está cuberta polas pequenas explotacións familiares”

Esta proposta de estudo que será presentada no marco do Grupo Compostela de Universidades procura acercarse aos novos paradigmas sobre a agricultura a nivel mundial, entendida non só como produtora de alimentos, senón tamén como prestadora de servizos á sociedade.

Dende o 24 ao 26 de setembro, Santiago de Compostela encherase de iniciativas co gallo da XXI Asamblea do Grupo Compostela de Universidades, asociación internacional sen ánimo de lucro na que participan más de 70 universidades e que ten como obxectivo difundir a importancia da educación superior asi como estreitar lazos e redes enre os propios membros da rede.

Tedes máis información da  XXI Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades nesta ligazón: http://gcompostela2015.avatools.com/programme2/