Revolta

< Volver á listaxe

O decolonialismo a debate en Galicia

O decolonialismo a debate en Galicia

Unha das teorías que están abrindo novas fracturas no eido das ciencias sociais e por extensión, a outros campos, é o decolonialismo. Esta interpretación da realidade está supoñendo a reivindicación dunha pluralidade epistemolóxica que supere as visión establecidas desde os centro de poder, véxase Europa e USA. A través desta teoría se procura un "xiro decolonial" que sexa capaz de deconstruir teorías hexemónizantes. Procurando dar cabida a outras formas de relacionarnos co espazo, coa natureza ou entre os propios seres humáns.

Un dos máximos expoñentes desta teoría é o profesor Ramón Grosfoguel http://ethnicstudies.berkeley.edu/people/faculty-profile/ramon-grosfoguel-1, investigador da Universidade de Berkeley (USA) pertencente ao Grupo modernidade/colonialidade (Grupo M/C) que se dsenvolve na mesma universidade. Entre algunhas das súas obras cabe destacar.  El giro decolonial: reflexiones para una diversidad epistémica más allá del capitalismo global ou Izquierdas e Izquierdas Otras: entre el proyecto de la izquierda eurocéntrica y el proyecto transmoderno de las nuevas izquierdas descoloniales.

O profesor atópase estes días en Galicia, da man do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) da UDC http://www.esomi.es/index.php/gl/ e desenvolveron un encontro na Libraría Berbiriana da Coruña o martes 10 de maio. Continuando a ruta o vindeiro mércores 18, de 11h a 14h. estará na Facultade de Filoloxía e Tradución no Campus de Lagoas-Marcosende da UVIGO abordando a cuestión: "La perspectiva de la teoría decolonial sobre el concepto de interseccionalidad"

E xa á tarde terase a oportunidade de abordar a cuestión “unha ollada ao decolonialismo. Hacía outras relacións Sur-Norte” a través dun coloquio que terá lugar na Zona C en Santiago de Compostela, sala anexa ao Museo do Pobo Galego, ás 19:00, sendo a entrada libre para todas aspersoas interesedas. Esta sesión enmarcase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, feminismos e comúns http://estudosenmancomun.gal/events/coloquio-con-ramon-grosfoguel-unha-ollada-ao-decolonialismo, (proxecto impulsado rede a propia rede ReVOLTA, canda outros socios).