Revolta

< Volver á listaxe

As VII Xornadas Galegas de Educación Ambiental terán lugar no Museo do Pobo Galego

As VII Xornadas Galegas de Educación Ambiental terán lugar no Museo do Pobo Galego

A SGEA, Sociedade Galega de Educación Ambiental, organiza as VII Xornadas Galegas de Educación Ambiental, co título "A Educación Ambiental: un servizo público?. A través destas xornadas a SGEA apela a cuestións como: "Deberia ser a Educación ambiental un servizo público? Deberia ser a Educación Ambiental un dereito da cidadania, un deber das administracións? Queres analizar a situación actual e reflexionar sobre que haberia que cambiar na Educación Ambiental? Tes propostas para facelo?"

O encontro terá lugar o 14 e 15 de outubro no Museo do Pogo Galego

Nesta ligazón podes atopar información do Programa https://drive.google.com/file/d/0BxELvRMQG24PWHZtdWRpOVRnSHM/view

E máis información das Xornadas aquí: https://blogsgea.wordpress.com/